En Ribeira cincuenta rapaces comezan a súa participación no campamento urbano

22 Xuño 2023

Un día despois de acabar o curso académico 2022-2023, hoxe xoves principiou o campamento urbano impulsado polo Concello de Ribeira, no que se cubriron as 50 prazas existentes para nenos e nenas de 3 a 13 anos e que terá lugar do do 22 ao 30 de xuño de 2023 e do 1 ao 8 de setembro de 2023.
O punto de encontro é o CEIP O Grupo pero ao tratarse dun campamento urbano a meirande parte das actividades fanse ao aire libre (de feito, mañá venres está previsto que acudan ata o Malecón para ver aos Bolechas ás doce do mediodía). A temática do campamento versará en xuño sobre “Salvando a Terra” e en setembro sobre “Ribeira de aventuras”.

Cabe lembrar que do 3 de xullo ao 31 de agosto será o turno dos campamentos Xoga con Nós do Concello, con 120 participantes en cada mes. Xa se cubriron todas as vacantes en xullo (as 120) e para
agosto agora mesmo quedan 9 vacantes. Estes campamentos son para nenos e nenas de 3 a 9 anos. E tamén neses mesmo prazo temos o campamentos Camp of Cultural Summer, para nenos de 10 a
13, con 30 prazas cada un dos meses e nas que temos 9 vacantes tamén.

Todos os campamentos de verán do Concello contan con profesionais de distintos eidos como o tempo libre e tasoc (técnicode animación sociocultural e deporte), filoloxía inglesa e maxisterio, nativos en inglés para o camp off cultural summer, profesionais especialiados en NEE (necesidades educativas especiais) como pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e igualdade entre outros, o que garante un completo servizo cara aos participantes nos mesmos e a cobertura de todas as necesidades propias dunha actividade como esta.

Son campamentos de divertimento, multidisciplinares, artísticos, deportivos, de ocio, integradores, plurais e que favorecen a autonomía persoal, a creación e expresión artística á vez que a interacción social e participación na sociedade e o medio natural no que se enmarcan.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...