Aínda que un dos vehículos quedou envorcado sobre un dos carrís de circulación, afortunadamente tódolos implicados permaneceron liberados e accesibles á chegada dos servizos de emerxencias.
O 112 tivo constancia do sinistro a través dunha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, instantes despois das 22:45 horas da noite: tres coches colidiran na AC-550 á altura de San Martiño de Oleiros, en Ribeira.
De inmediato, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Ribeira, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos operarios de conservación da estrada.
Unha vez evacuados os catro feridos por parte dos servizos sanitarios, os Bombeiros procederon coas tarefas de limpeza da vía para restablecer a circulación.
Por outra banda a dotación de garda dos bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira foron movilizados na xornada de onte por mor dun accidente de tráfico na AC-550 na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira.

Bombeiros Ribeira



