En Boiro abre o prazo de solicitude de autorizacións para as cacharelas de San Xoán

09 Xuño 2023


O Concello de Boiro abriu o prazo de solicitude e comunicación das cacharelas de San Xoán 2023, tanto para aquelas que se celebran en terreos públicos como privados. O prazo de solicitude de autorización será ata o 20 de xuño e só se poderán levar a cabo aquelas que teñan realizada a comunicación previa a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica (con formularios na web municipal).

O Concello lembra que as zonas para realizar cacharelas en espazos públicos están delimitadas, “polo que as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro para coñecer as zonas permitidas e tramitar a correspondente solicitude de autorización”.

No caso de terreos particulares, as persoas interesadas deberán facer a correspondente comunicación previa e cumprir cos requisitos de seguridade e medidas preventivas establecidas.

As autorizacións unicamente permiten as cacharelas a partir das 18.00 horas do día 23 de xuño e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do 24 de xuño. Como norma xeral “deberase facer unha devasa para o perímetro que se vai queimar; non se poderá prender lume a menos de 15 metros de edificacións, instalacións ou árbores; non está permitida a queima de certo tipo de residuos; deberase contar con medidas para de prevención do lume; e o volume das cacharelas non poderá exceder os 2 metros de altura e 3 de diámetro”.

Como dixemos, o prazo de solicitude e comunicación previa está xa aberto e poderase facer ata o vindeiro 20 de xuño mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información e modelos de solicitude está dispoñible na web municipal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.