Día do Medio Ambiente a Xunta salienta o papel clave dos portos na defensa dos mares e océanos e na protección da costa

05 Xuño 2023

A Xunta puxo en valor hoxe o papel clave e imprescindible que xogan os portos na defensa da saúde de mares e océanos fronte ás ameazas que supoñen a contaminación por residuos e outros factores relacionados co cambio climático, e tamén para garantir a protección da franxa costeira.
Así o subliñou esta mañá na Coruña a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen inaugurou a exposición de carácter divulgativo Diálogos Humboldt, organizada pola Autoridade Portuaria coruñesa e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) co fin de dar a coñecer a figura do científico Alexander Von Humboldt e a súa histórica expedición desde a cidade herculina a América.
Tras lembrar que a inauguración coincide co Día mundial do medio ambiente, dedicado este ano á contaminación por plásticos e as súas posibles solucións, a conselleira incidiu en que, particularmente, a erradicación do lixo mariño é un dos maiores retos ambientais aos que se enfronta a sociedade actual, sendo os residuos de plástico un dos máis abundantes e presentes en mares e océanos.
“Leva un segundo arroxar un plástico ao mar e catro séculos que desapareza”, advertiu Vázquez Mejuto, quen puxo en valor a importancia de iniciativas colaborativas como Upciclyng the oceans. Así, lembrou que Galicia leva cinco anos implicada no proxecto a través de organismos como a propia Consellería ou a Autoridade Portuaria da Coruña e que en 2022 se conseguiron recuperar máis de 700 kg de lixo mariño das costas galegas.

Nesta mesma liña de protección da franxa costeira, a conselleira referiuse tamén á importancia que terá a futura Lei de ordenación e xestión integral do litoral de Galicia, actualmente en tramitación parlamentaria e en cuxa redacción, tal e como recordou, tamén se tivo en conta o papel dos portos, poñendo o foco na “necesaria interacción” entre os espazos portuario e as cidades nas que se incardinan.

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Por último, a conselleira tamén lembrou que co gallo do Día mundial do medio ambiente o seu departamento organiza a Semana por unha Galicia sostible, no marco da cal se prevén toda unha serie de actos que xirarán ao redor do coidado e a protección medioambiental, o patrimonio natural, a meteoroloxía e o clima, e a xestión de residuos.
224 anos da partida de Humboldt
Pola súa parte, o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández, recordou que hoxe se cumpren, precisamente, 224 anos da partida de Humboldt do porto coruñés, o 5 de xuño de 1799. Por ese motivo, o organismo público organizou xunto co Ceida unha serie de actividades en torno á figura do naturalista prusiano.

O obxectivo é dar a coñecer á cidadanía o legado da expedición, ademais de resaltar a importancia do porto da Coruña ao longo da historia, como punto de partida de misións científicas e comerciais e enclave central na configuración urbana e cosmopolita da cidade. Tamén salientou o traballo da Autoridade Portuaria en favor do medio ambiente, que ten como principal expoñente o proxecto Green Port, que está chamado a liderar a transición enerxética na área metropolitana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.