“De posibles neglixencias a culpabilidades silenciadas no afundimento do Villa de Pitanxo”

11 Xuño 2023

Antón Luaces.- Este luns estará en Vigo, con case que total probabilidade, o buque Ärtabro desprazado a augas de Terranova para realizar filmacións do pecio do pesqueiro de Marín Villa de Pitanxo, afundido a 750 metros de profundidade a unhas 250 millas da illa de San Xoan de Terranova na mencida do 15 de febreiro de 2022. A bordo, 24 tripulantes dos que 21 faleceron (12 continúan desaparecidos). Dos tres sobreviventes, un figura como imputado (Juan Padín, patrón), e dous como testemuñas (Eduardo Rial, mariñeiro, sobriño do patrón, e Samuel Kwesi, cidadán de Ghana, tamén mariñeiro, cuxo testemuño podería involucrar tanto ao patrón como á casa armadora (o Grupo Nores) nas responsabilidades do naufraxio e, nomeadamente, da morte ou desaparición de 21 tripulantes.  

Unha parada do motor principal durante a manobra de virada do aparello é o principal argumento que se baralla como causa do afundimento do pesqueiro e, obviamente, das mortes -directas ou indirectas- de 21 dos seus tripulantes, algo que xa podería ter sido recoñecido polos armadores do arrastreiro de Marín que, segundo informacións publicadas, certifican en base aso dito polo patrón: o pesqueiro escorou  polos golpes de mar após rexistrar unha parada no motor principal durante unha manobra de virada do aparello.

Polo tanto, o accidente que provocou a morte de 21 homes (dos 24 que ían a bordo) foi ou poido ser consecuencia de tal manobra ao se producir “unha repentina parada do motor principal” que deixou sen máquina nen goberno ao Villa de Pitanxo, que quedou ao garete a expensas do vento e as ondas, sufrindo golpes de mar que o escoraron e afundiron “de forma rápida”.

Como se lembrará, dos 24 tripulantes do Villa de Pitanxo, 3 foron rescatados con vida: Juan Padín, o patrón; Eduardo Rial Padín, mariñeiro e sobriño de Juan, e o mariñeiro ghanés Samuel Kwesi. Foron recuperados os corpos de 9 mariñeiros, e outros 12 continúan desaparecidos. Non se desbota a posibilidade de que todos ou a maioría deles estean no interior do pecio, algo que se descoñece e que podería certificarse se os rov utilizados polo Ártabros nas súas aproximacións aos restos do buque afundido foran quen de filmar.

O motor principal do arrastreiro marinense parou, presuntamente, ao se anegar as dependencias do barco a causa de non ter optado por cortar ou arriar o aparello, tal e como declarara o ano pasado Samuel Kwesi. Esta versión dos feitos daquela mencida de 15 de febreiro de 2022, contradecía en grande medida a do patrón do barco, apuntando a unha neglixencia pola que perderon a vida 21 tripulantes, algo que ata o de agora non recoñeceran nen a casa armadora, nen o patrón, nen o sobriño deste.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...