“Das liberdades de expresión e elección”. Antonio González Millán

18 Xuño 2023

DAS LIBERDADES DE EXPRESIÓN E ELECCIÓN. VOTO PÚBLICO A PROL DA CULTURA CIDADÁ E DEFENSA DO PATRIMONIO CULTURAL QUE SE EXPOLIA AOS POBOS SEN CONCIENCIA DE SEU: AMORES, FEITOS, INTENCIONALIDADES.

Seguimos a ser Terra de baixar cabezas, de procesións de caladiños, de cagadas íntimas por opinar o que che sae de adentro, do sexa o que veña “mexe por vós e digamos que chove”, de voces e actitudes cidadás sen consciencia do valor cidadá e do seu peso na vida pública, de cobardes sen ánimo nin personalidade agás á hora de cacarear entre galiñas sumisas. A ese pozo negro conducíronos tant@s d@s que din crer no “demos” (Pobo) “só” si este adopta o perfil de palmeiro ou de esmoleiro afín.
“TIRIOS E TROIANOS” OU A HISTORIA DUN POBO QUE ESMORECE BENEFICIANDO AOS CONCELLOS LIMITROFES DE RIBEIRA E BOIRO POR PROPIO DESAMOR E DESCRÉDITO NOS SEUS DERRADEIROS 100 ANOS.

Que pouco valor se lle da e consentimos á defensa e á xestión do interese público xeral. Que consentidores na defensa do patrimonio cultural dos nodos pobos.

Pregúntame un vecino amigo con mais luces que as de tanto republico preocupado por ser o “number one” de turno para okupar a mais alta poltrona… non sabemos moi ben con que intención de servizo xeral.. sobre qué pasa con ese patrimonio que nos rouban. Pois é un clásico reunir e dar berros aos cadelos atentos á voz do seu amo, ao rebaño de años que con abusiva frecuencia deben supor que somos os cidadáns dos que agardan recibir votos…, para de seguido ofrecer silencio por resposta ou dar un corte de mangas a ese contrato social que Rousseau, xunto con Montesquieu pais da democracia occidental, dixo ser todo programa electoral ante a sociedade soberana = de onde emana o poder e decide segundo lle prometen.

Resulta preocupante a moderna perversión de valores que dende o suposto revisionismo contemporáneo se pretende normalizar, grave a perversión de confundir o valor do interese xeral co mesquino privado. Inmoral tamén, se lemos o declarado aos profesionais da prensa e publicado como declaracións propias, ese agochar consciente e premeditado aos seus así como á xeneralidade dos electores. Sen medias tintas que non merece tal situación kafkiana: unha motivación inmadura, de falaz enfrentamento personal, de exclusiva ambición de medre personal, de puro fraude contractual para alimento dun exclusivo egocentrismo e beneficio propio: responsabilidade exclusiva de quen cre que hoxe como antiguamente na Roma dos césares que só Nerón é quen de facer soar a lira mentras arde Roma. Ese mal chiste nin é vontade nin é intención de servizo público.
Eso en democracia non é ético nin moral. Eso só ten un cualificativo: engano, mesquindade, fraude execrable ao estilo de “o de dixen digo, digo Diego”.

Ben, centrémonos no que a algúns vecinos e defensores do patrimonio cultural do Pobo e de Galicia nos interesa. Hai certezas que nos resultan, cando menos, incómodas. Tanto así como o silencio de tanto galo que cacarea ao sol xurando, perxutando e practicando egoísta onanismo para alimentar pantasías platónicas que ninguén é quen quen, ou pretende, resolver. Sinalamento aplicable a iso de figuras físicas ou xurídicas “caladiñas como putas en coaren- tena” en función de quen as faga ou non faga. Problema enorme: de novo descrédito.

Cómo este perfil é exclusivamente de uso privado e para exercicio dese dereito que é a libre expresión que, por graza da democrática temos todos os cidadáns con conciencia, sen excepción, aquí vai un desafogo que comparto. Molesto, acaso, para que non goce dunha tan elemental como sana capacidade de encaixar opinións ou reflexións alleas. Dito en expresión popular: molesto acaso para quen coma allos e lle arrecenda o alento.
Empregando ese simil futbolístico que advirte de xogadas orfas de exemplaridade, estando ata as pelotas ante tanto descrédito da democracia, da politica, das tretas cultivadas por profetas dun mundo que non foi nin se agarda sexa algunha vez.

Que razón seguen a ter grandes que foron molestos para poderes, gobernos e trepas dos seus tempos, Quevedo, Goya , Valle-Inclán !!! “Censurenos” os que se din de progres alleos ao que de certo é o significado de progresismo, de fachas por ser ignorantes e inconscientes de idas e voltas de tempos idos, dos que se autoproclaman alternativa e practican erros e disfuncións básicas de comportamento.

O BUENISNO E O CALAR E O CONSENTIR SÓ FAI MEDRAR AOS MEDIOCRES E ÁS RAPOSAS
INTERESADAS EN ZORREAR NO GALIÑEIRO.

ADVÍRTESE DENDE XA que non se recollen velas neste velatorio. Nin se entra en cruce de comentarios. Advirtiese de que se alguén, a estas alturas, pretendese sementar vai recoller “de lo lindo”… A ver se con un “poquito de traballo” e menos “sácate tú para ponerme yo” alguén con algún interese na defensa e xestión do público e menos ombrigo somente para ter poltrona e soldada pública fai un mínimo e o ruido con que nos telen ata os collóns. Ledes ben: ata os collóns en espera de asistir a feitos e dereitos en defensa do xeral e non do peto e do egocentrismo propio. Cómo dicía, tod@, Zeca Afonso “O POBO É O QUE MÁIS ORDENA”.

Outros artigos

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

+

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.