O Concello de Boiro anunciou os nomes das e dos artistas que conforman o cartel das Festas do Verán 2023 e que se van desenvolver entre o venres 30 de xuño e o mércores 5 de xullo. O programa está composto por músicos locais, grupos de musica tradicional galega, orquestras, tributos e concertos de renome.

O grupo Camela será o prato forte das festas do verán, cun concerto que será de pago e para o que se poderán conseguir as entradas a partir deste xoves 15 de xuño. Todas as demais actuacións e concertos serán gratuítos e no cartel destacan tamén Mikel Erentxun, Amy Winehouse Band, Fillas de Cassandra, Catuxa Salom, Mondra, Quinkillada, Aliboria, O Rabelo, High Paw e Xosé Lois Romero.
En canto a orquestras non faltarán a Panorama, París de Noia, Marbella, New York, Players, TNT e La Principal. Tamén haberá concertos de Broken Peach, Leite con Jalletas, Astray, O Ghalegho, Bony Drill, The Cuncas e Brigadiers.
En canto aos grupos de tradicional estarán Abeloura, Aroña, o grupo de baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Lumieira, Nunca é Tarde, Os Pequenos do Barbansa, A Dorniña, As da Boina, Arume, Caraveiros, AR de Loureda, Trobeiros da Ponte e a Banda de Música.
Haberá tamén sesións DJ con DJ Matrek, DJ Jacobo, DJ Places, Marcos Magán, DJ Neil, Tito Maverick, Mateo Abelleira, Bruno DJ e Rasca&Pincha e tamén espectáculos infantís con Teatro Ghazafellos, Circo Chosco, Nauta Teatro e Espectáculo piromusical e de danza.
Todos os detalles sobre a programación e horarios daranse a coñecer nos vindeiros días.



