En Porto do Son,os servizos de emerxencia tiveron que intervir para axudar un traballador que resultou ferido despois de caer, tamén desde o teito, no lugar de Fieiro, na parroquia de Miñortos.
A chamada de alerta foi recibida polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia ao fío das 11:40 horas. Durante a comunicación, a persoa particular que chamou ao 112 indicaba que un traballador necesitaba asistencia médica tras precipitarse dunha altura de case tres metros.
De inmediato, os profesionais do 112 Galicia pasaron aviso ao equipo de urxencias sanitarias que, unha vez no lugar, tratou de atender o ferido e realizar posteriormente o seu traslado ao Hospital do Barbanza.
Cómpre sinalar que este operativo tamén contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Igualmente, pasouse aviso á Policía Local.




