O Concello de Boiro organiza unha xuntanza co alumnado as aulas de educación para persoas adultas co obxectivo de compartir experiencias entre alumnado e profesorado. A cita terá lugar o vindeiro venres 16 de xuño e para participar é preciso confirmar asistencia.
O departamento de Educación do Concello de Boiro, que se ocupa das aulas para persoas adultas, convoca unha xornada de mentoring para o alumnado que, durante os últimos anos, participou nestas clases de educación secundaria na Casa da Cultura de Boiro.
O obxectivo deste encontro é que alumnado e profesorado compartan as súas experiencias e a pegada que supuxo para todos o seu paso por estas aulas tanto a nivel académico como persoal e profesional. O
acto será tamén a xornada de clausura do curso académico 2022-2023.
Para participar neste encontro é necesaria a confirmación de asistencia na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.




