Boiro convoca procesos selectivos para a contratación de monitores e directores para o campamento de conciliación de verán

14 Xuño 2023

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para contratar directores e monitores para o campamento de conciliación do verán. As bases dos procesos selectivos e toda a información sobre os procesos están a disposición das persoas interesadas na web municipal.
Para participar neste proceso selectivo é preciso cumprir unha serie de requisitos esixibles para acceder ao emprego público como son ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 18 anos, non padecer
enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións, non atoparse incurso en causas de incompatibilidade e non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha
administración pública.
Ademais, hai unha serie de requisitos específicos en cada un dos procesos. Para o de director é necesario estar en posesión do título de bacharel ou técnico e dispoñer de algunha das seguintes titulacións: Título
de Técnico Superior en ensinanza e animación sociodeportiva, Título de Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística ou Título de Técnico Superior en Termalismo e Benestar.
Para o caso de monitores/as de actividades de tempo libre é necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obligatoria e a titulación de Técnico en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre.
As persoas interesadas en formar parte destes procesos deberán presentar as súas instancias de solicitude a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.