Boiro celebra este sábado 17 de xuño o Día Internacional do Ioga e faino cunha completa xornada de actividades no Pazo de Goiáns que dá comezo ás 10.00 horas e que prosegue durante toda a mañá e boa parte da tarde. O programa comeza ás 9.45 horas coa apertura de portas e continúa logo cunha sesión de ioga integral na compaña de Eva Outeiral, para pasar logo, ao mediodía, a unha actividade colectiva e participativa sobre filosofía, meditación, mantras, shivadas e ioga satya vedanta.
Ás 13.00 horas collerá a testemuña Paula Torrado, para dirixir unha sesión sobre ioga nidra. Pola tarde, ás 16.00 horas haberá unha actividade de hatha ioga suave e algo máis tarde, ás 17.00, un baño de son a cargo de Ana Prema que porá o punto e final á xornada.




