Até 17 artistas locais expoñen estes días na Casa do Concello de Ribeira

30 Xuño 2023

Un total de 17 artistas da contorna de Ribeira están a expoñer dende este venres 30 de xuño na Casa do Concello nunha exposición colectiva organizada en colaboración coa Galería O Faiado.

O acto de apertura contou coas intervencións do segundo tenente de alcalde en funcións, Emilio Pérez; María José Carreira como comisaria da mostra; e Eugenia Gómez como responsábel da citada tenda galería.

A mostra Artistas no Concello (así se chama a exposición) está conformada por un total de 37 cadros. Os artistas participantes son: Xoán Fernández, Maralla, Antonio Pérez, Carmen Sampedro, Novais, Pío Costa, Mónica Rivas, Teresa Ramallo, Sergio Femar, Aida López, Manuel Varela, Hugo María Pereira, Teresa Argibay, Santarelli, Esther Rincón, Sara Maneiro e Rafael Pozo.

Estará aberto ata o 1 de setembro, de luns a venres en horario de 8 a 14 horas, cabendo a posibilidade de organizar visitas guiadas pola tarde se así o require xente interesada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.