Este domingo vaise celebrar en Porto do Son a gran festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais. Será a partir das 18.30 horas no Polideportivo de Santa Irene e haberá todo tipo de actividades de lecer para a rapazada, incluída unha festa de inchábeis para poñer o broche de ouro á xornada festiva, que conta coa colaboración de Natural Sport. A cita inclúe previamente exhibicións de taekwondo, baile, predeporte, ximnasia acrobática, pilates e patinaxe. A entrada será de balde. Organiza a Área de Deportes do Concello.




