As empresas da ABE poderán acadar vantaxes en materia de telecomunicacións grazas a un acordo con Díxome

05 Xuño 2023

O presidente da patronal boirense (ABE), Daniel García asinou este luns 5 de xuño pola mañá un convenio de colaboración coa empresa asociada Díxome, especializada en telefonía en virtude do cal as empresas asociadas poden acadar diferentes vantaxes.

Na formalización do acordo participou Susana Raña, unha das socias da compañía que explicou que “os descontos que poden acadar os socios da ABE son un 8% nos operadores Yoigo e Masmovil e de 5€ mensuais en Vodafone, Orange, O2 e Jazztel, en canto ao operador R telefonía o desconto mensual chega ata os 10€”. Respecto ao funcionamento destas vantaxes detallou que “os descontos mensuais pagaranse ao asociado no momento que reciba a primeira factura completa da compañía contratada. Realizaranse nun solo pago co desconto dos 12 meses “

Díxome é unha empresa axente dixitalizadora e está habilitada para tramitar as axudas do Kit Dixital que fan a custe cero para o cliente, dende a fase de asesoramento ata a de solicitude.

O presidente indicou que “este convenio únese ao resto de convenios que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden consultar na web www.abe.gal”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.