Arrinca en Santiago a 9ª da Maker Faire Galicia, que conta coa participación de Amicos

01 Xuño 2023

Este xoves 1 de xuño abriu as súas portas no Museo do Gaiás (Cidade da Cultura) a feira Maker Faire Galicia, a cita de referencia para a comunidade argallleira galega, estatal e internacional. Desta volta, a organización (Vermis Project co apoio de entidades como o Concello de Santiago ou a Xunta) preparou unha programación que bate récords en proxectos, obradoiros e conferencias. En total, máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais, formarán parte da axenda de actividades. O programa contará coa presenza da asociación inclusiva barbanzá Amicos, a través de Xoan España, director xeral e de transformación da entidade con sedes en Boiro e Ribeira, quen participará nunha mesa redonda sobre as posibilidades das tecnoloxías creativas para tirar abaixo barreiras de accesibilidade e integración.

A feira foi inaugurada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen enxalzou o importante traballo creativo e divulgador dos makers, “figuras clave da transformación dixital e sustentábel de Galicia”.

Na inauguración Conde subliñou que “o futuro pasa polo talento e pola innovación, e que ese talento e esa innovación poidan impregnar todo o ecosistema que temos aquí en Galicia”. Tamén que a celebración en Galicia da Maker Faire contribúe a motivar o talento galego, destacando a importancia da participación neste encontro de “empresas tractoras, alumnos de formación profesional e xente que xa ten a súa iniciativa e está intentando achegar solucións innovadoras”.

Primeira xornada

A primeira xornada, a deste xoves, está dedicada á industria, presentando charlas inspiradoras e coñecementos de expertos en diferentes eidos. Dimitris Petrotos presentará o seu proxecto Laddroller, centrado na mobilidade sen barreiras. A mesa redonda Dilemas éticos na Intelixencia Artificial contará coa participación de Amparo Alonso, Bárbara Román de Nolegaltech e Ana Mª Alonso. Da innovación en biotecnoloxía tamén se falará con Eldara Rodríguez Cobo, responsábel de innovación de Nanogap, Alvaro Goyanes, director e co-fundador de FabRx, Patricia Fraga María de DIH DATAlife e Julio Martínez Rumbo, Project Manager do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga). No eido da enerxía, David Buceta, CTO de NANOGAP, presentará Hysun, un proxecto que pretende revolucionar a xeración de hidróxeno renovábel. Ademais, haberá un concurso de proxectos e un concerto de plantas que promete ser espectacular.

O segundo día

O 2 de xuño a xornada estará centrada na educación, coa participación de referentes destacados. O mozo maker Samu falará da arte como forma de expresión e comunicación. Eva Cabanelas abordará a importancia da divulgación científica. Esther e Diego, finalistas do Stockholm Junior Water Prize (#SJWP) presentarán o seu proxecto Nunca choveu que non escampara. Amais, contarase coa experiencia de Pablo de Miguel Morales de Autofabricantes, Jorge Sánchez López (Simón), enxeñeiro e co-director do Centro CeLeO, Xoan España, director xeral e Transformación de Amicos e Pablo Vilariño, instrutor de Tiflotecnoloxía e Braille da ONCE, moderados pola xornalista Selina Otero, que guiará a conversa e facilitará o intercambio de coñecementos sobre inclusión e accesibilidade na comunidade argalleira.

Os dous últimos días, o 3 e o 4 de xuño, estarán abertos a todos os públicos. Durante estes días, os asistentes poderán explorar o mundo dos brazos electrónicos, mergullarse nas páxinas da revista AI-GEN, descubrir a fusión entre arte e tecnoloxía con Rubén Ramos Balsa, afondar na domótica, interactuar co poderoso Chat GPT e marabíllarse coa maxia da impresión 3D.

O sábado día 3 dedicarase unha parte importante da xornada ao emprendemento social, con destacados relatores que abordarán temas fundamentais para promover o emprendemento con impacto social. Destacarase a importancia da inclusión, a sustentabilidade e a innovación neste ámbito. Dirixido por Víctor Grande, guionista e presentador, o acto contará coa participación de Celso Gándara, xerente de Algalia e presidente de Foroesgal; Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia; Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia; Pablo de Miguel Morales, de Autofabricantes; Ana Olveira, de Abeluria Coop; Lorena Quintás, de Xogo de Fíos e representantes de destacadas organizacións como Grovemakers, Skeirrum, Ecos do Sur, Despunte e Cogami-Galega Economía Social.

Tamén durante a fin de semana destaca este ano o espazo dedicado aos videoxogos e o Hackathon de Tecnoloxías de Apoio, onde os participantes traballarán en equipo para buscar solucións aos retos propostos por entidades como a ONCE, ASPACE Coruña ou COGAMI Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...