Ana Peleteiro volve á competición, a súa próxima cita será o 14 de xuño no Meeting Internacional de Castelló

06 Xuño 2023

Cinco meses despois de ter á súa filla, Lúa, a medallista olímpica, Ana Peleteiro, anunciou o seu regreso á pista.

A ribeirense anunciou polas súas redes sociais que a próxima cita será o 14 de xuño no Meeting Internacional de Castelló. A atleta declarou que volve “máis forte, máis madura e con máis ganas que nunca”. Peleteiro quixo tamén dar as grazas ao seu equipo sinalando que: “Sen eles volver estar no estado de forma no que estou sería completamente imposible”.

A deportista deu a luz o pasado 20 de decembro á súa filla Lúa, que tivo co atleta francés Benjamin Compaoré.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.