Adolfo Muíños recibiu unha homenaxe sorpresa do BNG de Rianxo

19 Xuño 2023

O exalcalde de Rianxo Adolfo Muíños foi protagonista dunha homenaxe sorpresa que lle organizaron os seus compañeiros do BNG rianxeiro con motivo da súa despedida da primeira liña política.

A cita organizouse ás súas costas e ninguén quixo perder a oportunidade de participar, tampouco Ana Pontón, que aínda que non puido acudir enviou unha mensaxe a un emocionado Muíños, de quen dixo que «dese compromiso co país nin dimitiches nin dimitirás nunca. Obrigada, Adolfo, pola música, polo traballo ben feito en Rianxo e polo amor por Galiza».

Nas intervencións falaron o responsábel comarcal do BNG, Luís Pérez Barral; o académico Xosé Luís Axeitos, o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; Aurora Marco, Mini Rivas ou Rosana Pérez. Incluso o rianxeiro arcebispo emérito de Tánger, Santiago Agrelo, enviou unha mensaxe.

Os discursos deron paso aos agasallos: unha obra de Ché Tembra e as figuras dunha pescantina e un mariñeiro xunto a uns versos de Manuel Antonio para Muíños, e un colgante para Covadonga Rodríguez, a súa esposa. Adolfo Muíños incorporouse este mesmo luns ao seu posto de funcionario en Santiago, deixando atrás 12 anos na alcaldía rianxeira.

Cedida

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...