A de onte á noite foi unha gran velada, un encontro solidario entre máis de 250 comensais que, unidos pola causa común de loitar, combater e erradicar o cancro, axuntaron esforzos coas mans tendidas #ante a chamada realizada pola Xunta Local da AECC en Porto do Son, que organizou a II Cea Benéfica para recadar fondos destinados á axuda na investigación da enfermidade.
Sendo marco do evento o Real Club Náutico Portosín, a gala estivo presentada polo Juan Fuentes, natural da comarca e coñecido polo seu gran traballo á fronte do televisivo programa da TVG “Quen anda aí”. Fuentes converteuse tamén no homenaxeado da noite pola Xunta Local, en especial recoñecemento pola súa solidariedade e sensibilidade coa causa.
Das intervencións encargáronse, en primeiro lugar, María José Torres Calo, presidenta da AECC de Porto do Son, facendo o paso intermedio Fernando González, Comodoro do Real de Portosín e anfitrións da noite, para pechar as quendas da palabra o alcalde en funcións de Porto do Son, Luís Oujo.
Fotos Juan Caballero
Da animación encargouse Bea a de Estrela, que levantou aplausos rememorando clásicos da música popular española tendo por coristas aos propios comensais que seguían o seu ritmo e cancións, incluídas
algunhas do seu último disco que contou coa participación do recentemente falecido Pablo Milanés, un dos talismáns da denominada Nova Trova Cubana.
Vendéronse 2.500 rifas sorteando un gran número de artigos doados de maneira desinteresada por comerciantes e empresas do Barbanza.
A Xunta Local de Porto do Son da AECC mantén a Fila Cero, na que poderá facer un donativo no número de conta ES5400490007232612124606.