A ribeirense Carmen Sampedro exporá no Centro Cultural Lustres Rivas no mes de xullo

27 Xuño 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida en xullo a unha nova exposición: Ecléctica, da ribeirense Carmen Sampedro. Poderase visitar entre o 1 e o 29 de xullo.

Trátase dunha mostra de pintura e poesía integrada pola serie INA (en alusión ao alcume da súa finada nai), na que, logo de ter experimentado en anteriores ocasións por un variado inventario de xéneros e fórmulas, a autora decántase polo monopolio exclusivo do óleo. Ademais, compón a proposta un libro poético con dez poesías da artista, de tal xeito que a sonoridade da palabra irrompe e completa a expresividade das imaxes.

A apertura da mostra está prevista para este sábado ás 12.30 horas.

Estará aberta de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Carmen Sampedro (Ribeira, 1956) é mestra de formación, estando actualmente xubilada. Expuxo por primeira vez en Malpica no 2013. En 2019 obtivo o primeiro premio do Concurso de Pintura e Poesía en el Camino, na Estrada, e no 2021 alcanzou o segundo premio no mesmo certame.

Até o de agora Sampedro ten participado en 80 exposicións colectivas e 11 individuais.

É membro activo do colectivo Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte).

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.