A rianxeira Esther Carrodeguas, premiada pola Deputación de Pontevedra no certame Hai unha voz

20 Xuño 2023

As autoras Marilar Aleixandre, Rexina Vega e Esther Carrodeguas (Rianxo 1979) son as primeiras gañadoras dos premios Hai unha voz, impulsado pola Deputación de Pontevedra e a asociación Clásicas e Moderna ao abeiro do Manifesto de Soutomaior, co obxectivo de “reivindicar, mostrar e impulsar o talento feminino na cultura e distinguir a pegada das mulleres no eido literario”.

A escritora e dramaturga Esther Carrodeguas

As tres recibirán os seus galardóns, dotados con 5.000 euros cada un, na gala que se celebrará na Sala Rosalía da sede provincial en Vigo este venres, 23 de xuño ás 19.30 horas, que será presentada por dúas das integrantes do Manifesto: Silvia Penas e Isabel Blanco, e que contará coa actuación musical de Guadi Galego.

No caso de Marilar Aleixandre, o xurado dos premios valorou “a indiscutíbel traxectoria desta escritora”, académica da RAG, autora de ensaio, novela para público adulto, xuvenil e con diversos galardóns, “sempre traballando a favor da lingua, da literatura galega e desde un punto de vista ético e feminista”, que se veu referendada co Premio Nacional de Narrativa o pasado 2022 por As malas mulleres. Este libro recolle a memoria das mulleres recluídas no cárcere coruñés da Galera e pon en relevancia o labor de Concepción Arenal e Juana de Vega.

O xurado tivo en conta as contribucións de Rexina Vega como escritora, profesora e investigadora, ao contar tamén tamén “cunha sólida traxectoria como autora de narrativa e investigadora especialista na obra de Álvaro Cunqueiro”. Destacáronse os seus artigos na revista Tempos Novos e a súa participación na curtametraxe documental Cunqueiro. A grande ilusión como unha das voces máis autorizadas para falar do autor. Amais, ao longo de 2022 contribuíu á internacionalización da lingua e cultura galegas coa súa presenza en foros de pensamento, como no webinar auspiciado pola Universidade de Kentucky sobre Álvaro Cunqueiro e congresos en Bos Aires e Varsovia, entre outros.

O xurado tamén salientou a carreira da dramaturga e poeta rianxeira Esther Carrodeguas, posuidora dunha “sólida traxectoria literaria e escénica marcada polo compromiso social, o feminismo e a loita pola igualdade”. Foi candidata aos Premios Max 2023 pola súa obra Supernormais, que aborda a temática da diversidade e que compaxinou con outros proxectos para colocar o teatro galego feito por mulleres no escalafón máis alto a nivel nacional e internacional. Este ano impartiu tamén un dos cursos da Escola de Letras que promoven a Deputación e a Editorial Galaxia.

Marilar Aleixandre, Rexina Vega e Esther Carrodeguas foron elixidas polo xurado entre un total de dezasete candidatas de distintos eidos do mundo literario, tanto escritoras como tradutoras, críticas ou libreiras, propostas tanto polas integrantes da Comisión de Seguimento do Manifesto de Soutomaior como por entidades locais, culturais ou profesionais.

O xurado dos premios, comunicando a súa decisión

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...