A rapazada do Son xa pode preinscribirse no campamento de conciliación e lecer Movida Urbana

05 Xuño 2023

O Concello de Porto do Son avanzou os detalles da vindeira edición, a 2023, do campamento Movida Urbana, convocado para achegar alternativas de lecer, deportivas, saudábeis e creativas para a rapazada local durante o tempo de vacacións, ao tempo se facilita a conciliación laboral das familias. O prazo para as preinscricións xa está aberto e poden facerse (antes do 23 de xuño) a través o rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica.

A información pode solicitarse á conta de correo electrónico deportesdoson@gmail.com ou ao teléfono 981 767 758.

O campamento desenvolverase entre en Porto do Son, Portosín e Xuño, entre o 10 de xullo e o 17 de agosto. Estará a disposición de nenas e nenos do concello de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O horario das actividades será de 10.00 a 14.00, de luns a xoves, e a taxa de 40 euros. Achegarase un total de 300 prazas, a repartir entre as tres sedes do campamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...