A Pobra reflexionou sobre os lumes forestais nunha proxección-debate

12 Xuño 2023

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde do día 10 de xuño a proxección do documental Doe O Courel, que versa sobre o grande incendio que se rexistrou en 2022 a través do testemuño de Sonia e Óscar, quen viviron en primeira persoa esta catástrofe medioambiental que arrasou máis de 13000 hectáreas dunha das xoias botánicas e paisaxísticas de Galicia.

Esta actividade chegou á localidade da man da Concellaría do Medio Ambiente, co financiamento da Deputación da Coruña, e tamén houbo ocasión para o debate, que estivo conducido polo director da peza audiovisual, Xacobe Meléndrez Fassbender, e por unha das súas protagonistas.

Xunto co público puideron expoñer as súas impresións sobre esta realidade que sofre o territorio galego cada ano e a importancia de avanzar cara á prevención a través da sensibilización.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...