A Pobra convoca as axudas para a escolarización no curso 2023-2024

27 Xuño 2023

Coma en anos anteriores, o Concello da Pobra do Caramiñal convocou as axudas para a escolarización destinadas a familias en condicións económicas e sociais desfavorables. O orzamento dedicado para estas achegas é de 11 000 euros para contribuír a sufragar os gastos de adquisición de material escolar e os gastos de comedor para o curso 2023-2024.

O prazo para a presentación das solicitudes vai dende o día 3 ao 21 de xullo, inclusive. As solicitudes das subvencións subscribiranse polo pai, a nai ou a/o representante legal do/da menor e deberán ser entregadas con toda a documentación no rexistro do Concello.

Poderán ser beneficiarias tódalas persoas empadroadas no concello pobrense que durante o ano académico 2023-2024 cursen os estudos da Educación Infantil, da Primaria e da Secundaria Obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos establecidos.

A convocatoria xa se atopa publicada na páxina web do Concello, onde tamén se detalla toda a información e a documentación que se debe presentar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.