A Pobra afianza a aposta polo turismo náutico coas viaxes en veleiro

12 Xuño 2023

O veleiro Mascato volverá navegar as augas da ría da Arousa, coa saída dende A Pobra do Caramiñal. A concelleira do Turismo en funcións, Charo Varela, explicou que o reforzo do turismo náutico “é unha das liñas de traballo por seguir para diversificar a oferta de actividades para o verán de 2023”.

Neste senso, ás travesías en catamarán para coñecer o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas toca sumar a experiencia da navegación a vela que posibilita apreciar o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico dende outra perspectiva.

As excursións pola costa celebraranse aos sábados e domingos dos vindeiros dous meses. Serán nos días 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de xullo; e 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de agosto. A duración do traxecto é dunha hora e media e as saídas establécense en quendas de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas.

O prezo é de 15 euros por persoa adulta, mentres que para menores de 12 anos se reduce aos 10 euros, cun desconto para as familias.

As prazas son limitadas e deberase efectuar a reserva previamente no punto de información turística (situado na Casa Mariñeira), no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.