A ONU examina a situación das minas de San Finx e Varilongo

20 Xuño 2023

As polémicas minas de San Finx e Varilongo voltan a estar na axenda do Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus, órgano das Nacións Unidas con sede en Xenebra, a onde se desprazaron representantes da Plataforma comarcal contra os vertidos das Minas de San Finx e da Plataforma BerXallas.
E é que se manteñen abertos dous procedementos polas infraccións dos dereitos de participación pública, acceso á información ambiental e acceso á xustiza nestas explotacións, ambas propiedade da empresa australiana Pivotal Metals.
Na sesión da semana pasada, o Comité discutiu a admisibilidade dunha queixa presentada pola Asociación Verdegaia contra os reiterados casos de impunidade xerados pola falta de dilixencia
dalgúns dos Xulgados que instrúen as causas por delitos asociados á mina de San Finx.
Neste proceso a organización ecoloxista denuncia cómo a falta de dilixencia ou obstrucción
xudicial impediu que varios altos cargos chegaran a sentarse no banco dos acusados, pese as
evidencias dos delitos de prevaricación e falsedade documental.
Pola súa parte, os representantes da Plataforma contra os vertidos da mina de San Finx
reuníronse no Palacio das Nacións co secretariado do Comité de Cumprimento da Convención
de Aarhus para expoñerlle a grave situación de perigo que corre a ría de Muros e Noia e os
miles de postos de traballo que dela dependen.
Urxiron ao Comité a que emita un dictame sobre este caso no que a plataforma participa como
observadora da man da PDRA, Ecoloxistas en Acción e a Sociedade Galega de Historia Natural.
Se ben o Comité da ONU ía celebrar o pasado xoves a vista sobre este procedemento iniciado
en 2017 e centrado na falta de avaliación de impacto ambiental á hora de aprobar os
proxectos mineiros de San Finx e Varilongo, a asociación que formalizou a queixa non
compareceu por motivos que non chegaron a aclararse, pospoñéndose por ese motivo a vista
ata a próxima sesión.
A pesar diso, os representantes da plataforma reuníronse tamén con representantes da misión
española na ONU para trasladarlles o malestar por que o Goberno do estado defenda as
vulneracións sistemáticas da Convención de Aarhus por parte da Xunta.
Desde a plataforma comarcal valoran positivamente a visibilidade internacional que estes
procesos dan ao caso, complementando as accións xudiciais que se siguen nos xulgados do
contencioso e do penal de Noia e Santiago, onde existen actualmente 4 causas penais e 6
contenciosos contra a decisión da Xunta de outorgar en febreiro pasado unha autorización de
vertido á mina de San Finx.

Remitida

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...