O sábado 24 de xuño celebrarase na Horta do Muíño (Outes) unha xornada festiva para crianzas e maiores con xogos e diversas actuacións. Trátase dunha xeira de celebración para poñer remate o curso académico na compaña das familias.
As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 21, no formulario que xa está habilitado na web municipal. O programa inclúe espectáculos para a rapazada (ás 12.30 horas, os monicreques e a música de Varietés do Animalario, ás 17.00 horas Circo na Casa, e ás 19.00 horas o espectáculo circense Cualquier verdura, a cargo de Rafael Dante e Chimi Churri). O xantar está previsto ás 14.00 horas e logo do xantar, a partir das 15.30, está previsto que haxa xogos populares (Os Xogos do Paporrubio).




