A Deputación organiza un concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos

08 Xuño 2023

Ao abeiro da súa estratexia de apoio e fomento do sector audiovisual, a Deputación da Coruña promove o Concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos nos centros de ensino secundario obrigatorio e bacharelato da provincia.

O obxectivo, en palabras da entidade provincial, é “achegar á comunidade educativa as potencialidades deste sector, que conta cunhas expectativas de empregabilidade e traxectoria empresarial en auxe, e espertar o interese da mocidade na creación de personaxes dixitais, fomentando pola súa vez a creatividade e curiosidade”.

O concurso consiste no deseño por parte do alumnado de entre 12 e 18 anos dos personaxes animados Sambo e Lima a partir dunha sinopse predeterminada.

Os mozos e mozas interesados poderán presentar tantos deseños como desexen e utilizando calquera técnica artística e material. Estes deseños e a restante documentación especificada nas bases do concurso deberán presentarse a través dalgunha das seguintes vías:

– En formato dixital a info@mundosdigitales.org

– En formato papel ao seguinte enderezo postal:

Concurso Xuvenil de deseño de personaxes – Mundos Digitales –

Rúa Sor Joaquina 4 bajo, Izq. 15011, A Coruña

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 13 de xuño de 2023 e, a partir do 18 dese mesmo mes, daranse a coñecer as persoas finalistas.

O premio deste concurso consistirá na participación dun Obradoiro de Creación de Personaxes impartido por Marcos Raya, deseñador de personaxes e concept artist que na súa traxectoria profesional ten realizado proxectos para empresas como Playstation, Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney.

A Deputación da Coruña lembra que Marcos Raya Delgado é o primeiro concept artist español cun canal de YouTube. Ademais, pola súa web pasaron máis de 3 millóns de persoas para aprender a debuxar.”É un profesional de recoñecido prestixio cunha ampla experiencia na orientación na creación de personaxes, en proxectos internacionais, debuxando para videoxogos, televisión, xogos de mesa, portadas de libros ou incluso encargos para organismos internacionais como a ONU”, engaden fontes da entidade provincial.

Para a organización do concurso e do obradoiro a Deputación contará con Mundos Digitales Transmedia, S.L., empresa especializada na organización e dirección de eventos culturais, formativos e educativos, congresos e feiras, con sede na Coruña e cunha ampla traxectoria.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.