A Asociación de Empresarios de Ribeira organiza entre o 16 e o 18 de xuño a IV Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

06 Xuño 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu detalles sobre un dos grandes eventos do calendario anual da patronal ribeirense, que se celebra a fin de semana dos días 16, 17 e 18 de xuño. Estamos a falar da cuarta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, unha ocasión inmellorábel, na comarca do Barbanza e na xeografía galega, para coñecer de primeira man os novos lanzamentos do ámbito do motor en materia de mobilidade sustentábel, eficiente e respectuosa co medio ambiente. O evento desenvolverase novamente na praza de España de Ribeira, con entrada de balde en horario de 10:00h a 20:00h.

Nela estarán presentes ata 13 marcas de vehículos mostrando ao público asistente un total de máis de 120 modelos. Segundo informou a patronal, “no salón atoparemos as últimas novidades nesta tecnoloxía innovadora dos vehículos híbridos e eléctricos e que xa é unha realidade no noso día a día”.

Os concesionarios terán ocasión de presentar en exclusiva para a comarca do Barbanza as últimas novidades no sector.

A previsión da patronal é conseguir que esta edición “sexa un éxito como as edicións anteriores”, onde pasaron polo evento máis de 4.000 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.