A ABE mostra este mércores, nunha nova xornada, os 20 principios básicos das neurovendas

19 Xuño 2023

Este mércores 21 de xuño a Asociación Boirense de Empresa celebra unha nova xornada encamiñada a mellorar a competitividade, a eficiencia, a rendibilidade e a visibilidade das empresas locais. Trátase da xornada Os 20 principios fundamentais das neurovendas, coa que se pretende mostrar as máis recentes e destacadas técnicas para “conquistar a mente e vender máis”. Será no salón de actos da patronal entre as 10.00 e as 14.00 horas.

“Seguimos ofrecendo a posibilidade de asistir a un dos mellores cursos de formación que se poden cursar na actualidade e da man dun dos profesionais máis destacados desta especialidade, a neurociencia, poremos o foco en como esta disciplina pode achegar novas oportunidades e transformar as maneiras de entender das persoas consumidoras gracias ao avance tecnolóxico e os descubrimentos”, explican dende a asociación a propósito desta nova xornada, que axudará ás empresas locais a “optimizar o xeito de prestar servizo procurando adaptalo ás expectativas, aos desexos e aos intereses de cada cliente, tanto real como potencial”.

Precisamente este é o obxectivo concreto desta formación: “Explicar de maneira sinxela como os últimos avances da neurociencia poden aplicarse aos procesos de venda para aprender a falarlle á mente, e non á xente, mellorar a eficiencia e conseguir vender moito máis dunha maneira máis produtiva, eficaz e rendíbel”.

Imparte Modesto Gómez, economista con 17 anos de experiencia profesional no mundo da comunicación, a mercadotecnia, as habilidades sociais, o desenvolvemento estratéxico, a xestión do talento e o emprendemento. Modesto é unha das figuras mais destacadas do panorama nacional en marketing (mercadotecnia), e ademais é escritor e articulista.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.