A ABE e o Concello de Boiro lanzan unha nova campaña que pon nomes propios aos protagonistas do comercio local

02 Xuño 2023

Xuntos sumamos é o lema da nova campaña da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) que está operativa (e presente a pé de rúa) dende este venres 2 de xuño. As e os protagonistas desta nova iniciativa de reivindicación das excelencias do tecido comercial local son 8 socios da patronal que posan xunto con outros tantos clientes amosando “a diversidade e variedade de negocios que podemos atopar en Boiro”, explicou a ABE. Os sectores visibilizados nesta campaña son o comercio minorista e maiorista, a Praza de Abastos, a hostalería, os servizos, a industria, a construción e os profesionais independentes. Todos estes ámbitos produtos estarán visíbeis en formato físico nos farois do concello en forma de pancartas e monólitos nas rúas peonís.

A maiores nesta ocasión elaboráronse dúas pancartas xigantes de 16 metros cadrados que estarán situadas na fachada da Praza de Abastos, en pleno centro da localidade.

O lema da campaña, #XuntosSumamos, incide por unha banda no carácter multisectorial da asociación e a capacidade que ten de aglutinar a todos os sectores produtivos e, pola outra, a capacidade de “estaren sempre ao lado dos clientes dos negocios asociados para seguir medrando”. A campaña física irá acompañada dunha campaña de mercadotecnia (marketing) dixital onde A ABE dará a coñecer a cada un dos protagonistas a través das fotos realizadas a caróns dos seus clientes.

Para complementar a campaña a ABE porá en circulación a través dos negocios asociados 2.000 bolsas de algodón que entregaranse gratuitamente aos clientes polas súas compras.

A iniciativa foi dada a coñecer nos seus detalles, este venres 2 de xuño, polo presidente da ABE, Daniel García, e o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.