63 socorristas contratados para o verán nos concellos da comarca

14 Xuño 2023

A Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e igualdade, resolveu a orde de axudas dirixidas aos concellos para a contratación (durante a campaña de verán) de persoas desempregadas para labores de vixilancia e seguridade en praias e outros espazos naturais ou en instalacións acuáticas.

Os beneficiarios deste programa foron concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores. A contía que percibirán irá destinada a sufragar os custes salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. Os traballadores e traballadoras a contratar tiveron que ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

No marco deste programa de socorristas o Goberno autonómico inviste nas comarcas da Coruña, Santiago, Costa da Morte e Barbanza máis de 454.000 euros para apoiar en 34 concellos coruñeses a contratación de máis de 127 desempregados e desempregadas para a vixilancia das praias e espazos fluviais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses (no caso de que sexan a tempo completo) ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700€ segundo o grupo de cotización das persoas contratadas.  Con esta medida a Xunta persegue “mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais  co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego”.

Na comarca do Barbanza o Goberno galego aprobou axudas por un importe de máis de 225.000 euros para contratar 63 socorristas en 10 concellos: Boiro (9), Carnolta (6), Lousame (1), Muros (7), Noia (4), Outes (5), A Pobra (7), Porto do Son (9), Rianxo (5) e Ribeira (10).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.