2ª xornada XXIII Regata Ramiro Carregal Rey Portosín

25 Xuño 2023

Foto Juan Caballero

A xornada dominical da Regata Ramiro Carregal Rey supuxo un cambio de liderado na xeral do Gran
Trofeo Faro de Corrubedo, que de mans do Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, do Club anfitrión do Real de Portosín, pasou a outro barco da casa, o Bon III, de Víctor Carrión.
Tras a costeira entre Riveira e Portosín, chegaba a quenda das probas ao vento, das que só se puido validar unha das dúas programadas, ao cumprirse o tempo límite de saída, fixado polo Comité ás
tres da tarde.
Bocinazo con algo máis de media hora de atraso sobre o previsto, que eran as 12.00 h., debido a que a compoñente non se daba establecida no seu eixo, que ao final foi do 240, é dicir, vento do suroeste, rolando á esquerda e tendo que facer un cambio de percorrido. Houbo dous bordos, coa frota dividida, os uns pola dereita do campo e os outros pola esquerda. Tan só o Ronáutica Mariñas apostou polo centro, que igualou o seu resultado na quinta praza do primeiro día, nos Cruceiro/Regata.
O triunfo en Regata foi para o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, de Portosín, co Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico e Deportivo de Riviera, na prata, pechando o caixón do podio o Corsario,
de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía.
Nos Cruceiro/Regata gañou a xeral do seu grupo o Bon III, de Víctor Carrión, de Portosín, por diante do Kanala, de Ignacio Ecenarro, tamén do Real local, co Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, no bronce.

A Clase Cruceiro foi para o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte, que pechou a Carregal con dous primeiros. Seguiulle no podio o Orlando, de Gerardo Sánchez Brunete, do Ro Yacht Club. E foi terceiro o Galopín, de Manuel Franco, do Náutico de Riveira.
O Gran Trofeo Faro de Corrubedo entregoullo Ramiro Carregal a Víctor Carrión, armador e patrón do Bon III, ao adxudicarse a xeral da regata, e que defendía a grímpola de Portosín.
A entrega de premios converteuse nunha gran homenaxe a Ramiro Carregal, coa complicidade de 45 armadores que o agasallaron cunha escultura encargada ao Manuel Teira, quen glosou persoalmente ante o homenaxeado, a súa creación.
Presidiu a entrega Ramiro Carregal, acompañado de Jorge Arán, presidente da entidade social e deportiva do Real de Portosín, acompañado de José Luís Torres Colomer, presidente do Náutico de Riveira e colaborador da regata, así como, entre outras autoridades, a Tenente-Alcalde de Riveira, Mariola Sampedro; o Concelleiro de Turismo de Porto do Son, Manuel Dean; o Vicepresidente segundo da Real
Federación Galega de Vela, Pedro Piñeiro; e o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño, entre outros.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.