A v´tima é Carlos García Dieste «O chino», veciño de Escarabote de 50 anos, faleceu atropelado na noite deste xoves, ao redor das 23.50 horas, na Pobra
Ocorreu no quilómetro 30 da AC-305, á altura da parroquia de Posmarcos.
Un particular que pasou polo lugar dos feitos informou ao 112 Galicia dez minutos antes das medianoite: había un home tendido sobre a estrada. Na súa chamada, indicaba que podería tratarse dun atropelo.
Os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e de Protección Civil da Pobra. Ademais, informaron aos Bombeiros de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.
Así, os membros de Protección Civil encargáronse de desviar o tráfico no punto namentres os servizos sanitarios levaban a cabo a súa intervención. Malia os esforzos, nada puideron facer por salvar a vida do implicado.
As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso.
.