Tres veciños da comarca enfróntanse a condenas de cárcere por tráfico de drogas

21 Maio 2023

A Audiencia Provincial da Coruña sinalou para esta semana, a celebración de tres xuízos contra tres veciños da comarca procesados por delitos contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas.

O mércores 24 celebraraes a vista oral contra un veciño para o que a Fiscalía solicita unha condena de catro anos e medio de cárcere e multa de 2.165 euros, que en caso de falta de pagamento substituirase por 60 días máis de privación de liberdade. Os feitos que se lle atribúen ocorreron o 4 de setembro de 2020 en Couso, en Aguiño, cando portaba con destino á súa venda 10,14 gramos de cocaína cunha pureza do 58,56% e valorada no mercado ilícito en 800 euros, e 46,43 gramos de resina de cánnabis valorada en 283 euros

O xoves 25 celebrarase o xuízo contra un individuo para o que a Fiscalía pide tres anos e medio de prisión e multa de 124 euros, do que indica que ao mediodía do 11 de abril de 2020 atopábase na rotonda de Xarás, en Ribeira e portaba para a súa venda 0,56 gramos de heroína cunha pureza do 30,42% 0,098 gramos de cocaína cunha riqueza do 97,95%.

E para o venres 26 está sinalado un xuízo contra outro veciño contra o que pesa unha prohibición de achegarse a centros educativos para menores de 18 anos, ao que a Fiscalía lle pide 4,5 anos de cárcere e multa de 11.986 euros -a substituír por 200 días de privación de liberdade en caso de falta de pagamento. A causa do proceso remóntase a finais de xaneiro de 2021 cando foi sorprendido con 14,314 gramos de cocaína distribuídos en 120 papelinas e 6,25 gramos de heroína en 48 papelinas, todo iso valorado en 5.993 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.