Toundra leva a Boiro o seu rock contundente, envolvente e instrumental

23 Maio 2023

Este sábado 27 de maio A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) acolle o concerto dun dos grupos de rock instrumental máis sobranceiros do panorama español: Toundra. A apertura das portas está prevista para as 21.30 horas. As entradas terán un custe de 13 euros na web da Pousada e (fisicamente) na tenda Baldani Concept Store e na Pousada. Na billeteira terán un custe de 15 de euros.

Toundra é unha banda xurdida en Madrid en 2007. Os seus temas salientan por moitos motivos, pero se algo os caracteriza é a ausencia de retrousos que corear, nin letras. O seu punto forte é un son contundente e rotundo, de longos desenvolvementos instrumentais que son capaces de envolver nas súas atmosferas ao público máis resistente e curtido. Teñen pasado por pequenas salas do país, e xa xiraron en Europa e en Estados Unidos. Ademais, pasaron por algúns dos festivais máis destacados do panorama estatal, como o Resurrection Fest, o Viña Rock ou o Primavera Sound.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...