Terra e mar fusiónanse na exposición pictórica de Mª JoséRodríguez na Pobra

12 Maio 2023

Unha trintena de cadros conforman a mostra pictórica Cores de terra e mar, de Mª José Rodríguez, que acubilla a sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal.
As paisaxes marítimas e agrarias predominan nesta exhibición que explora distintas técnicas (mixta, acuarela, reciclaxe, acrílico…). Durante a apertura celebrada na tarde deste 12 de maio, a propia creadora explicou de onde xurdiron as ideas e como une a súa faceta educativa e artística.
Pola súa parte, a concelleira do Turismo, Charo Varela, apuntou que este tipo de eventos constatan o carácter multifuncional da Casa Mariñeira, pois, ademais de ser oficina de información turística, tamén ofrece unha pequena sala de exposición. E, neste senso, a mostra que agora alberga garda relación co pasado da edificación polo seu vínculo co mar.
Ademais, a edil gabou a prolífica traxectoria da artista, quen non só se dedicou ao proceso de creación referendada con numerosas exposicións individuais e colectivas, así como distincións, senón que tamén se entregou ao ámbito formativo.
As visitas poden efectuarse ata o 30 de xuño, de luns a venres, en horario de 09.30 a 14.30 horas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.