Terceira xornada Campionato Galego Clase ILCA Portosín

21 Maio 2023

Foto Juan Caballero

A Ría de Muros e Noia volveu ofrecer unha maxestosa alfombra vermella pola que, durante tres xornadas, desfilaron os mellores regatistas galegos da Clase ILCA, que organizado polo Real Club Náutico Portosín, organizou o campionato galego da modalidade.
As nortadas, cuxo ciclo máis longo estivo gobernando o litoral galego, cubriu de manto motriz en forma de vento a lámina mariña sobre a que se disputou o campionato, portando neste último día unha media de 16 nós de intensidade, con puntas de 21.
Tras as 9 mangas validadas e co desconto do descarte ao peor resultado, os campións galegos definíronse en Portosín nas tres modalidades do ILCA: 4, 6 e 7.
En ILCA 4, o regatista do Club Marítimo de Canido, Miguel Rodríguez Tábara, fíxose co título galego tendo no seu haber 31 puntos, con parciais nese último día de 3-4-9. Segunda no podio galego absoluto foi Paula Peleteiro, do Real Club Náutico Sanxenxo.
E terceira Alba Díaz, do Club Náutico Mariña Coruña. O vencedor da xeral global Open foi o balear do Náutico de Palma, Sergio García.
En ILCA 6, Canido era tamén a entidade acredora do campionato galego, a través doutro dos seus representantes, Andrés Barreiro, que se marcha co título debaixo do brazo con 16 puntos, e con parciais nesta terceira entrega de 1–5-2. A un punto quedou a posto prata, o vigués do Náutico, Jorge Astiazarán. E na terceira posición o coruñés Jorge Juan Tábara, do Real Club Náutico.

Por último, en ILCA 7, o regatista local de Portosín, Miguel Reboreda demostrou, unha vez máis, o seu gran momento, obtendo o título galego nunha xornada na que volveu a brillar con parciais de 2-1-1, sumando en tres días 11 puntos. Segundo no banzo de caixón foi Roque Vello, do Club Marítimo de Oza. E, terceiro, Breo Casás, do Grupo Bazán de Ferrol.
Respecto a as categorías femininas, as campioas galegas foron Paula Peleteiro, de Sanxenxo en ILCA 4 e Mariña Couñago, do Real Club Náutico de Vigo, en ILCA 6.
A entrega de premios celebrouse ás cinco da tarde, con presenza de membros da Xunta Directiva do Real  de Portosín como Pepa Castro, Vicepresidenta; José García, Vicecomodoro; e José Antonio García, VOCAL; así como o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; e o propio Miguel Reboreda como Secretario da Clase ILCA en Galicia.
Organizou o Real de Portosín en colaboración co Concello de Porto do Son, a Real Federación Galega de Vela, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para ou Deporte, Bonilla á vista e Gadis.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.