Taragoña celebra este sábado 20 a II Romaría das Fousas

18 Maio 2023

O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10.30 horas, terá lugar na Filgueira en Taragoña a celebración da II Romaría das Fousas.

Este evento é organizado pola CMVMC O Feitoso de Taragoña e o Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa colaboración do Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade.

O programa de actividades inclúe unha manchea de propostas divulgativas, formativas e de lecer, por exemplo obradoiros de cultivo de shitake, de extracción de resina e de apicultura, a cargo da Comunidade De Montes de Baroña e de Abellamel.es. Tamén haberá xogos populares, faladoiros medioambientais (a cargo do Concello), unha sesión vermú con DJ Enxebre, un xantar popular, unha sesión de introdución á apicultura e un obradoiro e demostración de bolos celtas.

Máis información no facebook de Fousas ao Monte.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.