Seis zonas de baño da Pobra volven acadar a cualificación de”Excelente”

16 Maio 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de recibir a notificación da Xefatura Territorial da Consellaría da Sanidade sobre a clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio na tempada de 2022.
A este respecto, a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, explica que tódalas praias valoradas reciben a cualificación de “Excelente” segundo o sistema de cálculo establecido na Directiva 2006/7/CE: Os Raposiños, Os Areos, A Barca, A Lombiña, A Illa e A Corna.

Igual ca en anteriores anos, realizaranse probas rutineiras entre os meses de xuño e setembro do exercicio actual para avaliar a evolución da calidade das augas; uns controis que están adscritos ao Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025 realizada pola Xunta a través da Consellaría da Sanidade, polo obrigado cumprimento da normativa europea.

Tódolos datos destas tempadas son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.