Ribeira recibe preto de 160.000 euros para placas solares na UAD, Auditoiro e A Fieiteira

01 Maio 2023

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) comunicou ao Concello de Ribeira a concesión dun
total de 157.950 euros de fondos europeos Next Generation que permitirán a instalación de plantas de enerxía fotovoltaica en tres instalacións municipais: o edificio da UAD, o Complexo da Fieiteira e
o novo Auditorio.

A acción está enmarcada no Plan de Transición Enerxética Municipal, adscrito á súa vez ao plan de acción da Axenda Urbana de Ribeira Atlántica (que, aprobado por todos os grupos da Corporación no
pasado de decembro, marca a folla de ruta do Concello ata o ano 2030) encadrándose no vector Ribeira + Sostible.

O importe das axudas son de 74.925 euros para a Fieiteira e o Auditorio e de 8.100 euros para a sede da UAD, que foi recentemente remodelada, recibindo unha nova cuberta e unha nova envolvente
térmica. A potencia de instalación é de 99.900 kW nos dous primeiros inmobles e de 10.800 kW no último.

A instalación destas plantas fotovoltaicas súmanse á que se colocou na EDAR de Couso a principios do ano pasado e a que está prevista para a Casa Consistorial dentro das obras de rehabilitación
financiadas con fondos Next Generation dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) lanzado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.