Outes presenta un avance do Plan de Integración urbana do río Tins

05 Maio 2023

O Concello de Outes fixo hoxe presentación de tres proxectos cos que pretende mellorar a integración urbana do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes. Estes proxectos, nos que o concello leva traballando dende o inicio do mandato, intégranse tamén no Plan de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins, no marco da iniciativa Renatur-Outes, que elabora a Universidade da Coruña e financia a Fundación Biodiversidade con fondos NextGenerationEU.

O primeiro dos proxectos, que xa conta co financiamento do Plan de Sustentabilidade Turística da Ría de Muros e Noia, é o de Humanización da Praza do Cocnello e mellora da súa conexión co paseo fluvial. Con el preténdese recuperar esta histórica praza situada á beira da casa do concello, que nestes momentos atópase moi degradada. O orzamento do proxecto ascende a algo máis de 210.000 € que se financiarán integramente cos fondos sinalados. O segundo proxecto é o da Bancada para a conexión do paseo fluvial e a Casa da Cultura co centro urbano na Serra de Outes, co que se pretende mellorar a conexión e percepción do paseo fluvial da Horta do Muíño coa trama urbana da capital do concello. Neste caso o orzamento supera os 80.000 € e xa foi presentado para recibir financiamento do Programa Hurbe, da consellería de Medido Ambiente Territorio e Vivenda. Segundo indicou o alcalde, Manolo González, o obxectivo é asinar un convenio coa Consellería este mesmo ano 2023. Un terceiro proxecto será o dunha Nova pasarela sobre o río Tins, que servirá para conectar a Praza do Concello coa Rúa do Tines e dese xeito mellorar a conexión da Serra de Arriba e a Serra de Abaixo, a través da praza do concello. Neste caso o orzamento ascende a perto de 125.000 € e segundo apuntou Manolo González, o proxecto xa foi presentado á convocatoria do GDR Deloa así como a de mellora de infraestruturas turísticas da Xunta de Galicia, para o seu financiamento.

No acto de presentación acompañaron ao alcalde e á tenente de alcalde, os arquitectos Óscar Fuertes e Carlos Campos, amosándose un video que recrea o resultado final dos proxectos sinalados. Óscar Fuertes é profesor da UDC e é o responsable de elaborar o Plan de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins, dentro  proxecto Renatur-Outes. Fuertes indicou que se traballa tamén para unha cuarta intervención nunha zona actualmente degradada do río, á que se accede dende a Rúa do Tines, e que antigamente era usada como pequena praia fluvial. O arquitecto local, Carlos Campos, que é o autor dos proxectos de mellora da Praza do Concello e do da Bancada para conexión do paseo fluvial, indicou que cos mesmos se busca recuperar eses espazos para a cidadanía e mellorar a calidade de vida e o atractivo turístico da vila da Serra de Outes. O alcalde, Manolo González, amosou a súa satisfacción polos traballos presentados, indicando que supoñen un cambio transformador que agarda que se fagan realidade o antes posible.

Praza do Concello de Outes

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.