Outes organiza o 12 de maio unha xornada de mapeamento de especies invasoras

10 Maio 2023

A acción encádrase na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

O venres 12 de maio terá lugar unha xornada de mapeamento de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. As participantes aprenderán a utilizar de xeito práctico e sinxelo a aplicación de ciencia cidadá iNaturalist que permite identificar e xeorreferenciar especies, combinando a colaboración das biólogas e naturalistas participantes no proxecto como con modelos de intelixencia artificial. A aplicación pode ser descargada gratuitamente no teléfono móbil por calquera persoa.
A actividade, que se encadra na programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasorascomezará ás 10:00 no espazo de cafetaría da Casa da Cultura da Serra de Outes, onde se realizará unha breve presentación do proxecto e da aplicación iNaturalist. A continuación, iniciarase unha visita de campo ao longo do treito urbano do río Tins na que as participantes rexistraran as observacións de especies exóticas invasoras presentes na zona. Non é necesario inscribirse nesta xornada, que está aberta a todo o público interesado.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.