O 19 de maio o pianista rianxeiro Iago Hermo ofrecerá un concerto de piano e música electrónica, baixo o nome de Brutaal. A entrada é libre até completar aforo. O concerto será ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Iago Hermo é compositor, pianista e director. Un artista profundamente interesado na fusión de estilos, habilidades e cultura. Centrado principalmente na composición e interpretación de música para piano e electrónica e ópera. Creando, desenvolvendo e traballando en proxectos moi diferentes, con enfoques diferentes, facendo que cada un deles sexa único ao seu xeito.




