O PSOE de Boiro aposta pola renovación e o continuísmo na súa candidatura para as municipais do 28 de maio

03 Maio 2023

A agrupación socialista de Boiro deu a coñecer o equipo que acompañará a José Ramón Romero García, Martiño, nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2023. O actual mandatario confirmou que manterá nos primeiros postos da súa candidatura aos concelleiros do goberno que o acompañaron nestes catro anos: Luis Ruíz, María Outeiral, Marcos Fajardo e Raúl Treus. “Os catro mostraron durante estes catro anos o seu compromiso e a súa dedicación por Boiro e os boirenses e seguirán formando parte do meu equipo a partir de maio”, anunciou Martiño. Aínda que haberá cambios e novas incorporacións, o actual rexedor quixo seguir contando cos actuais concelleiros para revalidar a alcaldía de Boiro.

No capítulo de logros conseguidos, Martiño destacou o importante traballo despregado por Luís Ruiz, que durante esta lexislatura exerceu como tenente de alcalde e estivo ao fronte das áreas de Urbanismo e Obras e de Facenda, e que acadou o desbloqueo das licencias urbanísticas, que tiñan un atraso de máis de dous anos, e a redución da débeda viva do concello en 1.500.000 euros, pasando de 5.500.000 euros a 4.097.965 euros nestes catro anos.

Tamén enxalzou o intenso labor desenvolvido pola delegada das áreas de Cultura, Educación e Persoal, María Outeiral, que “foi quen de volver a poñer a cultura no centro da xestión do Concello con actividades para todos os públicos e en todas as parroquias, ao fronte da área de Educación reactivou o Consello Escolar Municipal e na área de persoal logrou sacar adiante a estabilización de emprego coa que se van consolidar a 111 traballadores e traballadoras municipais”.

Polo que se refire ao concelleiro Marcos Fajardo, quen levou a área de deportes durante os primeiros momentos do mandato e agora comercio e os servizos, o alcalde destacou que se trata “do principal interlocutor entre a administración e as parroquias, garantindo os servizos mínimos para todos os núcleos”.

Pola súa banda, Raúl Treus, actual concelleiro de Medio Ambiente e Servizos Sociais, implementou unha rede de benestar no municipio que permite, gracias á colaboración entre os Servizos Sociais municipais e as entidades sociais, “prestar un mellor e máis rápido servizo a persoas vulnerábeis”, ao que se suma o seu importante labor en materia ambiental, coa redacción do primeiro Plan Forestal, un documento que garante a seguridade ante futuros incendios forestais.

“Os cinco fixemos un gran equipo e non me imaxino o traballo diario no Concello sen eles. Todos demostraron a súa valía ao fronte das distintas áreas e estou seguro que van a seguir facendo un gran traballo coas novas persoas que se sumarán ao equipo”, recoñeceu Martiño, para quen a coordinación entre departamentos é “de suma importancia con vistas á consecución de obxectivos”. Grazas a esta metodoloxía, dixo, “o Concello de Boiro aumentou significativamente a contía de subvencións de outras administracións”. A modo de exemplo, 1,5 millóns para a renovación da Casa da Cultura, 360 mil euros para o fomento do comercio local e 110 mil euros en materia de residuos só con cargo aos fondos Next Generation, explicou o actual alcalde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.