Municipais 2023: O PSdG da Mancomunidade da Serra do Barbanza aposta polo futuro da pranta de tratamento do lixo de Servia

18 Maio 2023

O candidatos do Partido Socialista á alcaldía de Porto do Son, Jorge Romero, de Ames, Blas Garcia, de Noia, Fran Pérez, de Carnota, Juan Manuel Saborido, de Brión, Pablo Lago, de Lousame, Ana Domínguez e a deputada provincial Sandra González mantiveron unha xuntanza para tratar unha estratexia conxunta sobre o futuro da Pranta de Tratamento do Lixo de Servia.

Nesta xuntanza acordouse, en primeiro lugar, establecer un compromiso firme co mantemento cos postos de traballo, cuestión que consideraron unha absoluta prioridade. Así mesmo, acordaron tamén apostar de forma conxunta polo sistema de reciclaxe do lixo que se leva a cabo en Servia, sistema que o Partido Popular pretende substituír para que sexa SOGAMA, cun modelo moito menos respectuoso co medio ambiente, a que se ocupe de realizar este servizo.

Ao remate da campaña, e unha vez configurados os novos gobernos municipais da mancomunidade, acordaron manter unha xuntanza co comité de empresa para analizar a situación e establecer sinerxias entre os concellos que gobernados polo Partido Socialista e os propios traballadores, de cara a garantir este mantemento.

Dende o PSdG, acordaron tamén non asumir a prorroga de FCC que plantexa o Partido Popular xa que apostan por unha nova licitación do servizo de tratamento, de maneira que se cumpra coa normativa europea en materia de tratamento do lixo.

“É unha cuestión de xustiza e de respecto, tanto polos traballadores e traballadoras como polo noso medio” – sinalou o candidato á Alcaldía de Noia, Fran Pérez. “Debemos apostar por un modelo de xestión de residuos sustentable, e polas garantías de continuidade para todo o persoal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.