O párroco de Castiñeiras e Carreira, Ricardo Villaverde, celebrou este venres as vodas de platino como sacerdote na Catedral de Santiago

12 Maio 2023

Mons. Julián Barrio preside a celebración de San Juan de Ávila lembrando o valor inmenso do sacerdocio

A festa da memoria de San Juan de Ávila, patrón do clero español, foi hoxe venres día 12 de maio a xornada elixida pola Arquidiocese de Santiago para homenaxear aos 28 sacerdotes que este ano conmemoran as súas vodas de ouro, prata e diamante ministeriais polos seus 25, 50 e 60 anos de servizo á Igrexa compostelá. Esta tradicional cita é un dos momentos fortes de expresión da comuñón do arcebispo co seu presbiterio.

A xornada iniciábase ás 10,30 horas cunha Meditación dirixida por Víctor Javier Castaño Moraga, na aula Magna do ITC.

Ás 12,00 horas comezaba unha eucaristía de acción de grazas na Catedral compostelá mons. Julián Barrio e que estivo concelebrada por mons. Francisco Prieto, así como dun numeroso grupo de presbíteros.

Así iniciaba D. Julián a homilía: “Con todo agradecemento felicítovos fraternalmente a vós, queridos sacerdotes, que celebrades as Vodas de Platino, Diamante, Ouro e Prata sacerdotais. Son anos de sacerdocio en que imos experimentando que o Señor enriquece a nosa pobreza e fortalece a nosa fraxilidade, lembrando que é o Señor quen nos elixa”.

Mons. Barrio dixo aos sacerdotes diocesanos que “hoxe chegades coa ofrenda da vosa vida, mantendo a vosa fidelidade, e proclamando a súa misericordia. Aos problemas de cada época Divos responde coa graza necesaria para asumilos e superalos con amor e realismo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.