O Noia Harp Fest leva a súa actividade a Castela e León, Asturias e Navarra

24 Maio 2023

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o único certame de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa, preséntase estes días nas comunidades de Asturias, Castela e León e Navarra. O dúo conformado pola arpista Beatriz Martínez e o guitarrista Diego Langarika está a realizar este mes de maio unha pequena xira de recitais nos conservatorios ou espazos culturais das cidades de Pamplona, Salamanca, Valladorlid e Xixón coa colaboración do Xeodestino Ría Muros-Noia, á fin de dar a coñecer tanto a décima edición do certame galego coma o valor patrimonial do territorio no que se desenvolve.

Logo de visitar o Conservatorio Pablo Sarasate (Pamplona) e a Biblioteca Pública Jovellanos (Xixón), esta semana o 10º Noia Harp Fest presentarase no Conservatorio Profesional de Música de Valladolid (25 de maio, 19:15 horas) e no Conservatorio Profesional de Música de Salamanca (26 de maio, 20:00 horas).

NOIA HARP FEST

A décima edición do Noia Harp Fest (NHF), dirixido por Rodrigo Romaní, celebrarase do 3 ao 6 de agosto na vila coruñesa.  No seu cartel conflúen, desde hai dez anos, solistas e grupos de estilos moi diversos procedentes do ámbito galego, estatal e internacional, mais todos eles unidos pola interpretación musical a través da arpa. Este verán NHF reunirá en Noia a diferentes bandas e solistas de Alemania, Escocia, España, Francia e Irlanda, ademais dunha mostra representativa do talento máis próximo a través da orquestra folk SonDeSeu e do alumnado das escolas de arpa de Galicia.

Os concertos, de acceso libre e dunha notable calidade artística, celébranse en horario de tarde tanto a ceo aberto coma no interior de recintos culturais da vila de Noia, cuxo Concello é patrocinador do evento, coa intención de favorecer o achegamento ao instrumento por parte de públicos de todas as idades.

Unha das principais novidades deste 10º Noia Harp Fest será a estrea absoluta de tres creacións. Entre elas está Hibrysdo hispano-arxentino Alejandro Civilotti, a obra gañadora da primeira edición do premio internacional de composición Portus Apostoli, patrocinado polo Concello de Noia. A Real Filharmonía de Galicia será a responsable de interpretar unha peza que se poderá escoitar, por vez primeira, o sábado 5 de agosto na praza do Tapal de Noia. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...