“O gremio de mareantes, base da fundación das confrarías de pescadores” – Antón Luaces

15 Maio 2023

Probablemente con máis de mil anos de historia ás costas, agora que se está a celebrar o primeiro centenario da creación na vila lucense de Celeiro do seu pósito de pescadores, é necesario mencionar -unha outra vez- a importancia que tiveron as confrarías de pescadores, as únicas entidades gremiais que agrupan a traballadores (mariñeiros e mariscadores) e empresarios (armadores) que, na actualidade, romperon -en boa hora- os impedimentos existentes ata vai menos de 40 anos polos que non se permitía o acceso a estas entidades das mulleres como asociadas. Hoxendía moitas delas integrantes das xuntas directivas (cabidos) e mesmo en calidade de patroas maiores.

Máis, onde e cando naceron as confrarías?.

Se non a máis antiga de España, probablemente, ben pode dicirse que si foi das primeiras a confraría de pescadores de San Martín de Laredo (Cantabria). Cando menos así está documentado, sinalando para elo o século XI, como recolle o director do Arquivo Histórico de Laredo, Baldomero Brígido Gabiola. Mais a súa antigüidade pode ser anterior, en paralelo ao nacemento da actividade mariñeira e do primitivo “concilium” (concello) da vila de Laredo.

A primeira referencia documental da existencia desta confraría data do 2 de decembro de 1306, cando o rei Fernando IV outorga un privilexio confirmando á “Cofradía de San Martín de Laredo de pescadores y mareantes” as súas ordenanzas, á vez que a pesca con “tramallo” dentro do porto.

A Coruña contou co Gremio dos Mareantes e Pescadores (Cofradía de San Andrés de la Paz y Misericordia y de la Santa  Vera Cruz) fundada ao mesmo tempo que o convento de Santo Francisco. Este gremio, moi vencellado ao sector pesqueiro, tivo á actual capela castrense da rúa de Santo André como igrexa de seu, dotada de cemiterio para os seus asociados e con casas no hoxe barrio de Monte Alto nas que acoller aos deudos -pais, donas e fillos- de mariñeiros finados no mar.

Un privilexio outorgado polos Reis Católicos, ratificado polo seu neto o rei  Carlos V, estabelece que os mareantes e pescadores non paguen o dereito de “quintaladas” (cantidade que se sacaba do importe dos fretes para ser repartida entre a xente de mar que máis traballara na singradura) en todo o que cargaran ou descargaran. Este feito pode ter que ver coa consolidación do nacemento da primeira confraría de pescadores da Coruña, tamén unha das primeiras de España, ao igual que o Gremio de Mareantes, institución social e cultural de Pontevedra (daquela a cidade con más habitantes de Galicia) ao que se considera de feito como o gremio de mar máis antigo do reino de España. Este gremio foi o que financiou e construíu a Basílica de Santa María a Maior, na que se celebraron as reunións do Gremio, que debaeiu e aprobou o financiamento e construción da primeira ponte da Barca , a recuperación da confraría do Corpo Santo e as procesións do  Viático e do Corpus.

Este Gremio de Mareantes tiña xurisdición, no século XVI, na costa “desde Os Tranqueiros de Aguiño (actual parroquia de Ribeira) ata as Estelas de Baiona”.

As primeiras ordenanzas de Mareantes coñecidas son de 1523 e un dos seus obxectivos era limitar ao máximo a actividade dos “xeitos”, arte moi utilizada na ría para a pesca da sardiña.

O Gremio de Mareantes de Pontevedra preiteou coa igrexa (arcebispado de Santiago) e cos pescadores de Portonovo (anos 1569, 1582 e 1594) “cando a loita entre os “cercos” e os “xeitos” acadaron unha maior virulencia, segundo Juan Juega Puig. O problema entre estes segmentos da frota pesqueira  derivouse do incremento do número e espazo que na ría  ocupaban os “xeitos” , facendo que se reduciran notablemente as capturas por medio do cerco.

Como pode comprobarse a pesca marítima nunca foi quen de rexerse por si mesma, dependendo sempre de algunha autoridade. Máis ou menos como na actualidade.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.