O Coworking CCompostela ofrece no Barbanza as últimas prazas para os cursos gratuítos de maio centrados na dixitalización

15 Maio 2023

O Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación provincial da Coruña, ofrece as últimas prazas para capacitación en dixitalización de empresas para o mes de maio. Esta formación, que non implica custo para os usuarios, impartirase na segunda quincena deste mes. Está aberta a empresas (pemes e micropemes) e persoas emprendedoras e autónomas do Barbanza. Achéganse xa as últimas prazas. Para asistir é imprescindíbel a inscrición previa na páxina web do Coworking.

Novas metodoloxías

O curso Wapping, unha solución de intelixencia de cliente e fidelización omnicanle,que se celebra o 22 de maio, dará resposta aos grandes retos aos que se enfronta o sector retallista: coñecemento do cliente, fidelización e experiencia de compra personalizada. A través da experiencia da empresa tecnolóxica Wapping, explicarase como a análise da información a gran escala (Big Data) e a mercadotecnia vía móbil (Mobile Marketing) axudan a mellorar a experiencia de compra e incrementan o mantemento no tempo dos clientes e a captación doutros novos.

O 24 de maio será a quenda da formación A proposta de valor no emprendemento tecnolóxico dixital, enfocada en aprender a crear unha proposta de valor diferenciadora que conecte directamente co que necesitan os usuarios co apoio da tecnoloxía. Os participantes practicarán coa metodoloxía de Deseño Intelixente (Design Thinking) e a ferramenta dixital Business Model Canvas.

Pola súa banda, o 30 de maio celebrarase o obradoiro Leva a cabo a túa primeira impresión 3D onde os asistentes experimentarán o proceso completo de deseño e fabricación dunha peza utilizando equipos de impresión 3D. Ademais, analizarán as posíbeis aplicacións desta tecnoloxía en distintos sectores, xerando unha visión completa das oportunidades que esta tecnoloxía pode ofrecer aos seus proxectos.

Profesorado experto

Os profesionais que impartirán a formación teñen ampla experiencia en transformación dixital.

Pablo López é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Mestrado executivo en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICADE ICAI, mestrado de Asesoramento Fiscal pola CEF, certificado en adestramento profesional (coaching) individual e de equipos coa International Coach Community, e facilitador certificado en metodoloxía LEGO Serious Play. Durante máis de 10 anos creou e xestionou un grupo de empresas de consultoría con máis de 90 persoas.

José Manuel Maseda é enxeñeiro de Tlecomunicacións e co-fundador de Wapping. Conta cunha gran experiencia no sector tecnolóxico en empresas como Gsertel ou Emetel onde exerceu como director comercial, e en R Galicia, integrado no equipo de Marketing de Produto na área da Internet-Datos.

Álvaro Rey Rodríguez é fundador de Makergal 3D, unha empresa galega con case 10 anos de experiencia no sector da impresión 3D. O seu traballo involucra o deseño, modelado, optimización e fabricación, utilizando tecnoloxías de impresión en 3D. Participou nunha investigación e desenvolvemento de novas técnicas e materiais neste eido, así como na identificación de oportunidades de mellora e optimización dos procesos existentes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...