O conselleiro de Sanidade loa o traballo de CONGALSA a prol dos hábitos de vida e alimentación saudábeis

15 Maio 2023

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, visitaron na mañá deste luns 15 de maio as instalacións da compañía de alimentación CONGALSA, na Pobra do Caramiñal, para poñer en valor as accións de promoción de hábitos saudábeis, que a compañía, referente galego, estatal e internacional en produtos do mar, promove entre os seus traballadores.

O titular de Sanidade do Gobierno galego destacou “o conxunto de iniciativas que CONGALSA está a implantar en Galicia, tanto na súa contorna laboral como nos hábitos alimentarios dos seus traballadores”, e convidou os seus responsábeis a exportar estas actuacións ao resto de fábricas propiedade da compañía no mundo.

Comesaña destacou que estas accións están en liña cos programas desenvolvidos pola Consellería de Sanidade e o Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia (ISSGA), cos seus plans Obesidade Zero e Onda saúde!, respectivamente. Tamén instou a todas as empresas galegas a incluír nos seus plans de acción pautas que incidan no benestar dos seus traballadores. “É fundamental que todos os axentes sociais, sanitarios e políticos lancemos unha mensaxe común para promover contornas de traballo saudables”, dixo o conselleiro.

Durante a súa intervención, Comesaña sinalou que o Plan Obesidade Cero, impulsado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, céntrase na prevención do sobrepeso e a obesidade, con medidas como o acceso a unha alimentación saudábel, a revisión dos produtos dispoñibeis nas máquinas expendedoras de edificios públicos ou a promoción de pausas activas.

Pola súa banda, o director xeneral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, destacou que a empresa conta cun Comité Científico formado por expertos externos e membros de diferentes departamentos da empresa para favorecer que todas as referencias que se lanzan ao mercado sexan “máis saudables, saborosas, sustentábeis e convivencia tendo en conta, obviamente, todas as políticas de seguridade alimentaria”.

Así, Luis Miguel Simarro explicou algunhas das iniciativas que puxeron en marcha na empresa para favorecer rutinas de vida activa e nutrición equilibrada e sa entre o persoal tales como recomendacións e chamadas á acción para empregar as escaleiras en lugar do ascensor, ou a repartición semanal de froita de tempada entre o cadro de persoal unha vez por semana.

Outros artigos

CONGALSA recolle o Premio á Empresa do Ano

A empresa CONGALSA, con sede principal na Pobra do Caramiñal e centrada no ámbito da alimentación baseada en produtos pesqueiros, amais de ser un referente en innovación, transformación e responsabilidade social empresarial, vén de recoller o Premio de Empresa do Ano....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión